Sobre nós
Serradoiro de madeira en Guitiriz, Lugo.
Maderas Pedreira, S.L. foi creada no ano 1991 en Lourenzá (Lugo). Comeza sendo unha empresa adicada á explotación forestal nos seus inicios, e que na actualidade compaxina esta actividade coa da primeira transformación co serradoiro do que dispón en Guitiriz (Lugo).
+30 anos
de experiencia no sector forestal
Maderas Pedreira
Como explotación forestal
Conta con una ampla experiencia no sector forestal, dedícase principalmente a compra de piñeiro e eucalipto en pé en monte.
Dispón de un equipo propio que se compón de procesadora, talador e autocargador forestal, e profesionais con anos de experiencia que aportan estabilidade e seriedade.
Esta etapa inicial do proceso de compra e procesado de materia prima e unha parte esencial do proceso, xa que é necesario levar a cabo un bo procesado e clasificación das distintas pezas para así obter resultados óptimos durante a primeira transformación, o que fai que se poda obter un produto de maior calidade, sobre todo no piñeiro, materia principal coa que se traballa no serradoiro.
Maderas Pedreira
Como serradoiro de madeira
As nosas instalacións de primeira transformación da madeira atópanse en Guitiriz (Lugo).
A materia principal coa que traballamos e o Pino radiata e o Pino pinaster.
Do proceso de serrado obtemos diferentes produtos elaborados, adaptándonos ás necesidades dos clientes. Existindo a posibilidade de poder fabricar en distintos largos, anchos e espesores.
Traballamos tanto madeira en verde como madeira seca, dispoñemos de dúas cámaras de secado e de baño de inmersión para o tratamento antiazulado da madeira.
Tamén comercializamos subprodutos derivados do proceso de serrado como cortiza de piñeiro, serraduras, tacos e costeiro.

Que facemos
En Maderas Pedreira contamos cunha ampla experiencia no sector forestal.
Compra de madeira en monte
Explotación forestal
Serradoiro de primeira transformación
Necesitas máis información?
Produtos
Produtos do serradoiro.
Táboa de piñeiro.
Taboleiro de piñeiro.
Puntón de piñeiro.
Barrote de piñeiro cepillado e sen cepillar.
Serraduras, cortiza, tacos e costeiro de piñeiro.
Táboa de piñeiro.
Taboleiro de piñeiro.
Puntón de piñeiro.
Barrote de piñeiro cepillado e sen cepillar.
Serraduras, cortiza, tacos e costeiro de piñeiro.
Certificacións
Dispoñemos de Cadea de Custodia para certificado PEFC (SCS-PEFC-COC-009714) e FSC® (SCS-COC-005794), formando parte do Grupo TENZAS, Enxeñería e Asesoramento Legal S.L.
Contamos coa marca de garantía Pino de Galicia (PG-5-011).
Tamén dispoñemos de certificado NIM15 (ES-27-0011 HT) para o tratamento da madeira e Pasaporte Fitosanitario (ES-11274263).