Maderas Pedreira, S.L. foi creada no ano 1991. Comeza sendo unha empresa adicada á explotación forestal, e na actualidade compaxina esta actividade co serrado de distintas especies forestais. A maior parte da producción céntrase no pino (P. radiata, P. pinaster). En menor medida no eucalipto, castaño, carballo, bidueiro, amieiro, freixo, chopo e ciprés.

Esta etapa inicial de recolleita e manipulación da materia prima é un proceso esencial e clave, posto que é necesario levar a cabo un bo procesado e clasificación das distintas pezas para así obter resultados óptimos durante a primeira transformación.

Dispoñemos de Cadea de Custodia para certificado PEFC (14-38-00236-SCS) e FSC® (SCS-COC-005794), formando parte do Grupo TENZAS, Enxeñeria e Asesoramento Legal S.L.

 
                 
         
               
   

Para o serrado, presecado, secado e almacenaxe da madeira dispomos dunha superficie de 9.000 metros cadrados.

O grado de humidade final desexado da madeira pode alcanzarse mediante secado natural; ou mediante secado artificial, para o que dispomos de cámaras de secado, as cales tamén cumplen os requisitos establecidos na normativa NIMF15. Tamén é posible o suministro de madeira certificada PEFC e FSC.

A actividade do serradoiro céntrase no pino. Aínda que, puntualmente, sérranse outras madeiras en función das esixencias e necesidades do mercado. Froito desta actividade obtemos distintos tipos de productos que posteriormente clasificamos en función do seu destino comercial.